|
|
O
restaurante vinoteca Rincón de Elías, na vila de Carballo,
é un moderno e elegante establecemento hosteleiro, sen
deixar de ser fiel á filosofía que o veu nacer : a exaltación
dos mellores produtos da Costa da Morte e do viño.
|
|
Se
es de padal refinado estás de noraboa.
Ofrecémosche a posibilidade de facerte socio do noso club
e participar das distintas actividades que realizamos. Visita
adegas, asiste a cursos de cata.. infórmate nos nosos locais
e descubre o sorprendente mundo do viño.
|
|
O
viño é saúde, compaña, conversa,
un ritual que evoluciona co tempo, unha tradición que
perdura ao longo dos séculos e que nos nosos locais invitámoste
a coñecer con maior profundidade.
Propoñémosche un apaixoante percorrido ao longo
de máis de 400 referencias de viños,
tanto dos de orixe nacional, como dos de importación.
|
|
|
Para
acompañar unha selecta colección de viños
na nosa vinoteca poderás degustar unha gran variedade
de entrantes, tapas, racións e postres.
A
maridaxe ideal para saborear un bo viño. Ademais,
todas as quincenas poderás elixir entre + de 10 novidosas
referencias de viño.
|
|
Se
prefires pasar ao comedor, terás ocasión de elixir
entre unha esmerada selección dos máis saborosos
e exquisitos pratos.
Mariscos,
peixes, carnes, caza, cociña de tempada, postres caseiros...
Desfruta do mellor do mar e das terras da Costa da Morte nun ambiente
acolledor e distinguido.
|
|
|
|
Tamén
podes desfrutar dos teus viños favoritos alí onde
o desexes. Lévaos a casa, xa sexa en caixa ou en botella,
e presume de poder consumilos baixo as condicións máis
adecuadas de conservación e temperatura. A nosa excepcional
adega mantén intactas as súas características
ata o último momento. E, por suposto, a moi bo prezo.
|
Rincón
de
Elías
Gran
Vía 26, 15100 Carballo
Tel. 981 70 18 86
Se desexa recibir máis información, para
reservas
ou orzamento para comidas de empresa e celebracións:
info@rincondeelias.com
Día
de descanso semanal: Luns
á tarde· Vacacións:
do
2 ao 17 de novembro· Horario: de
11:00 a 17:00 e a partir das 20:00 horas
|